
Tendo en conta certas dúbidas que xorden no tocante a saber que verbos se conxugan en passé composé empregando o verbo être como auxiliar, déixovos cunha imaxe interesante, onde figuran os distintos verbos que o fan, e cunha presentación ben linda que fixeron unhas alumnas de 4º ESO e que recollo de internet.
Nalgúns sitios figuran 14 verbos (porque din que serían 14 os mais empregados), outros dogmatizan sobre o número 15; nesta imaxe vemos 16 verbos representados (falta o verbo passer), mentres que na presentación mencionada máis arriba vemos 17 verbos.
Hai un trio como venir / devenir / revenir; hai un dúo, como entrer/rentrer, pero ollo, non pensemos que outras parellas de verbos, como retourner e tourner, poden responder a esta mesma idea, xa que este último verbo forma o passé composé faino co auxiliar avoir, e retourner con être.
E por se aínda hai máis dúbidas, quizais sexa pertinente dicir que os verbos pronominais tipo SE SOUVENIR (LEMBRARSE), SE LAVER (LAVARSE), SE COIFFER (PEINARSE), etc, se conxugan co auxiliar ÊTRE:
je me suis absenté
O auxiliar ÊTRE concorda en xénero e número (genre et nombre) co suxeito, elle s'est coifée: personne interlocution = pronom sujet + auxiliaire être au présent de l'indicatif + participe passé.
A marca de feminino (-e) e de plural (-s) engásede ao participio.
Coas formas da interlocución (JE/TU) hai que ter en conta que é a persoa que fala a que fixa o xénero:
singulier
je suis revenu (sabemos que é un home pola marca de masculino do participio)
je suis revenue (sabemos que é unha muller pola marca de feminino).
pluriel
Jean et Pierre sont partis hier vers le Canada.
Isabelle et Marie sont nées à Lyon en 1969.
No caso da concordancia co COD
hai concordancia co COD para verbos ocasionalmente pronominais e transitivos, se este COD está situado antes do participio de pasado:
Voici les gâteaux que Léa s'est préparés. COD = que = les gâteaux
Non hai concordancia cos verbos ocasionalmente pronominais e intransitivos como SUCCÉDER (suceder, acontecer), PLAIRE (gustar):
Les deux enfants se sont plu rapidement.
Aucun commentaire:
Enregistrer un commentaire