Iso é o que acontece coas partículas dans, sur, à, en. Para a ilustración do que segue emprego o libriño de Jean-Michel Robert, Difficultés du français (Hachette, Paris, 2002, p. 10-11). Procedamos confrontando as particulas que poden facernos caer nas trampas referidas.
- SUR, DANS.
- SUR. Esta partícula serve para sinalar unha posición de contacto, tanto na posición de colocación de superioridade, i.e., algo colocado enriba doutra referencia, como en simple contacto. Exemplos: Le journal est sur la table (O xornal está sobre a mesa) [contacto máis situación de superioridade]; le doigt sur les lèvres (o dedo sobre os beizos) [simple contacto]
- DANS. Esta partícula sinala unha posición de interioridade. Exs: Jean est dans la voiture (na nosa lingua traduciríamos, Xan está no/dentro do coche).
- O emprego dunha ou doutra non é gratuito, achega un valor semántico diferente: Jean est sur le lit / Jean est dans le lit; no primeiro caso marcamos simplemente o contacto de superioridade, no segundo a interioridade. Pero resulta preciso saber que un está sentado sur la chaise (sobre a silla / na silla), pero un séntase dans le fauteuil (no sofá, polo carácter de recollemento?).
- DANS, À.
- DANS, marca, como vimos, a posición de interioridade, unha simple localización espacial; À, pola súa banda marca máis ben unha posición funcional (algo que realizamos nese lugar). Exs. Les enfants sont dans leur lit (Os nenos están na súa cama; interioridade); les enfants sont au lit (os nenos están na cama; funcionalidade: dormen)
- À, EN.
- En certas situacións precisas, o uso de à ou de en está ben definido, tal como acontece, por exemplo, cos nomes de países e de cidades: au + país masculino (au Sénégal); aux + nomes de países en plural (aux États-Unis); en + país feminino ou que comeza por vogal (en Pologne, en Irak); à + cidade (à Barcelone).
- Noutros casos, o emprego dunha ou doutra partícula determina significados distintos ao que se quere transmitir: il est à la prison (pode ser porque traballa nese lugar ou vai visitar a alguén), il est en prison (está no cárcere en tanto que prisioneiro).
- À pode ser máis preciso que en. Il travaille à l'usine, sinala que coñecemos a fábrica; mentres que il travaille en usine sinala que descoñecemos a fábrica exacta na que traballa). Por isto mesmo, En pode responder a un matiz de profesión: il est dans la cuisine (simple localización), il est à la cuisine (está cociñando), il est en cuisine (é cociñeiro profesional)
Aucun commentaire:
Enregistrer un commentaire