BLOG DU SÉMINAIRE DE FRANÇAIS DU IES AMES

Bonjour vous avez ici le blog que j'ai commencé au CPI PONTECESURES. Maintenant, il devient celui du IES AMES. Instrument d'information et aussi outil de participation des étudiants. Fenêtre d'un monde créatif qui dort en silence.



vendredi 27 octobre 2023

TRADUCTION CHAPITRE 3. LA NUIT BLANCHE DE ZOÉ. A1 (1º-2º ESO)

 CAPÍTULO 3. O CUMPREANOS DE ELSA

Na sala de festas do colexio de Modana, o ambiente é moi cálido. Karine está co aparello de música (ten todos os CD's de Christophe Willem, de Zazie, de Diams!), Thierry está no bar e Rémi...pois ben Rémi está en todas partes, no bar, no aparello de música, na pista de baile e mesmo enriba das mesas! Todas as rapazas bailan con el. El baila moi mal pero é moi divertido. Nos seus brazos, un non para de rir. 

Ás 9, Karine apaga a música. Os bailes paran. Que acontece? Karen colle o micro: "Aínda tedes fame?" Por que pregunta iso? Na montaña sempre temos fame!

"Si! Si! Si!

Que dicides?

Temos fame!

É triste, xa non hai nada para comer e é a hora de se deitar. Boas noites a todo o mundo!

- Wouh! O pastel! O Pastel! 

-O pastel? Que pastel? Non hai pastel aquí..."

Pero ninguén a cre. De súpeto, a sala mergúllase na escuridade. Xa non se ve nada. Os mozos e as mozas fan os tolos. Pero, que é  isto? Diante da porta...Zoé, toda de branco, Zoé co pastel. E sobre o pastel hai catorce candeas. Todos os compañeiros de Elsa comezan a cantar: 

"Cumpreanos feliz.....Bravo"

 Está toda vermella. Está moi contenta. É unha festa xenial. 

"Unha canción! Unha canción!" berra Rémi. 

E os demais:

"Elsa, unha canción! Elsa, unha canción"

-Pero non sei cantar!

 Non é verdade! Ela canta moi ben. Canta unha canción en francés, e Zoé canta unha canción en sueco ( a súa avoa é sueca), Karine canta unha canción en inglés (a súa familia vén de Londres), e Rémi canta unha canción...en "rémi", e é horrible, horrible, todo o mundo pídelle que pare, pero non para, claro, ninguén pode parar a Rémi durante unha festa. Karine vai moi rápido cara ao aparello de música e o último CD de Christophe Willem salva o cumpreanos de Elsa dunha catástrofe musical!  

Aucun commentaire:

Enregistrer un commentaire