CHAPITRE 3. A CUARTA MALDICIÓN
Eles entran.
A vella porta non se pecha detrás deles cun ruído horrible pero escoitan unha voz.
Alguén está aí, na escuridade. Alguén fálalles.
Os seus ollos acostúmanse á escuridade. A igrexa está case completamente baleira. Non hai cadros nin decoracións. Tan só hai unha cadeira. Sobre esta cadeira, está sentada unha muller anciana. Semella máis vella aínda que a avoa de Maïa. Leva un vestigo longo negro, os seus ollos son doces e tristes, e ten a pel escura das xentes que viven ao sol. As palabras saen lentamente da súa boca.
-Que facedes aquí? Non hai que quedar no pobo. Hai que marchar. Marchade. O último día chega...
Zoé, Maïa, Thomas e Rémi teñen medo. Quen esa muller anciá? Que fai aí, soa nesta igrexa? Por que lles di que marchen?
"Pobre, debe estar un pouco tola", pensa Nico.
- Vostede vive aquí? pregunta elevando a voz. Pode quizais informarnos. Lemos na historia do pobo que existe unha maldición coas Bestas de Lume. Sabe que son as Bestas de Lume?
- Non. Pero coñezo unha maldición. Está no libro.
A muller anciá pecha os ollos. Semella reflexionar. Por fin pronuncia estas palabras: "Cando o 2 estea sobre a loba / e o 8 sobre Ammon, / as Bestas de Lume sairán de novo. / Brancas mans, almas vermellas / e o fin bruscamente".
-Quen escribiu isto? pregunta Nico
- O Libro é tan antigo coma o pobo. Ninguén sabe quen o escribiu.
- Mais, que quere dicir que as Bestas de Lume sairán de novo?
- Non o sei. Marchade. O último día chega.
- Non podemos marchar. Vostede necesita axuda. Non pode quedar soa neste pobo. Vou chamar a alguén.
- Credes que estou tola, verdade? Si, si, véxoo. Pero non estou tola. Mirade, para amosarvos que teño todo o meu sentido, vouvos explicar o inicio do enigma. Cando o 2 estea sobre a loba e o 8 sobre Ammon...A loba é Roma -coñecedes a historia da loba romana que alimentou a Rómulo e Remo. O 2 sobre a loba, quere dicir o segundo mes do anos romano, isto é, abril. Sen dúbida, nunca escoitáchedes falar de Ammon, mais coñecedes a historia de seu pai, Loth: a muller de Loth transfórmase en estátua de sal na Biblia. Na palabra Ammon hai dúas m. En cifras romanas, MM significa 2000. Cando o 2 estea sobre a loba e o 8 sobre Ammon, iso significa pois abril de 2008.
- Pero estamos en abril do 2008! murmuran Thomas e Zoé.
Nico tamén está sorprendido. A data e as explicacións da muller anciá son moi claras. Sabe o que di, non pode estar completamente tola. Pero entón, por que crer nesa maldición? Viu algo ela? Hai algo que non dixo?
- Viu vostede as Bestas de Lume?
- Si
-Como son?
- Non me ides crer. Ninguén me creu.
- Si, escóitoa. Son bestas de verdade?
- Si. Vinas durante a guerra. Están no bosque, detrás do pobo. Existen de verdade, sabedes. Bestas altas como casas. Todas vermellas.....
- Como....vacas? pregunta Zoé.
Esta pregunta moi sinxela provoca unha reacción extraña na señora anciá. Párase bruscamente e semella aterrada.
- Si, si...exactamente iso...Como vacas...teño medo, berro. Papá cólleme nos seus brazos, corremos polo bosque...hai explosións...Agóchate, Félicité, corre, corre rápido!
E cala de novo
Nico pousa a súa sobre o seu ombreiro. Comprende que revive cousas terribles da súa infancia.
- Foi o seu pai o que atopou as Bestas de Lume ou vostede?
- Foi oo meu pai...Unha noite, ensinoumas...Tiven moito medo....
-E despois da guerra, viunas de novo?
- Non....
- Non se lembra vostede onde están?
- Era unha nena moi pequena...Como encontrar o camiño? Pero están no bosque, vinas, tedes que crerme...
Aucun commentaire:
Enregistrer un commentaire