BLOG DU SÉMINAIRE DE FRANÇAIS DU IES AMES

Bonjour vous avez ici le blog que j'ai commencé au CPI PONTECESURES. Maintenant, il devient celui du IES AMES. Instrument d'information et aussi outil de participation des étudiants. Fenêtre d'un monde créatif qui dort en silence.



dimanche 28 novembre 2010

O DEREITO A ESCOITAR RELATOS

1. Todo neno e nena, sen distinción de etnia, idioma ou relixión, ten dereito a escoitar os máis fermosos contos da tradición oral dos pobos, especialmente aqueles que estimulen a súa imaxinación e a súa capacidade crítica.

2. Todo neno e nena ten dereito a esixir que seus pais e súas nais lle conten contos a calquera hora do día.

3. Todo neno e nena que por unha ou outra razón non teña a ninguén que lle conte contos, ten absoluto dereito a pedirlle ao adulto da súa preferencia que llos conte, sempre e cando este demostre que o fai con amor e tenrura, que é como se contan os contos.

4. Todo neno e nena ten dereito a escoitar contos sentado ou sentada no colo dos seus avós e avoas.

5. Todo neno e nena está no dereito de saber quen son os principais autores de contos. As persoas adultas están na obriga de poñer as súas historias ao alcance dos nenos e nenas.

6. Todo neno e nena goza a plenitude do dereito de coñecer as fábulas, os mitos e lendas da tradición oral do seu país.

7. O neno e a nena teñen dereito a inventar e contar os seus propios contos, así como a modificar os xa existentes.

8. O neno e a nena teñen dereito a esixir contos novos. Os adultos están na obriga de nutrirse permanentemente de novos e imaxinativos relatos, propios ou non, con ou sen reis, longos ou curtos...O único obrigatorio é que estes sexan fermosos e interesantes.

9. O neno e a nena sempre teñen dereito a pedir outro conto e a pedir que lle conten un millón de veces o mesmo conto.

10. Todo neno e nena ten dereito a medrar acompañado das aventuras de "Polgariño" e "Merlín", daquel cabalo que era tan bonito..."

Este decálogo reprodúzoo do suplemento Lecer do Galicia Hoxe (28-11-2010), onde se fala das fermosas iniciativas do "atrapador de contos", Anxo Moure....ao que, non esquezamos, tivemos ocasión de escoitar "atrapando contos" no noso CPI o curso pasado...

Aucun commentaire:

Enregistrer un commentaire