BLOG DU SÉMINAIRE DE FRANÇAIS DU IES AMES

Bonjour vous avez ici le blog que j'ai commencé au CPI PONTECESURES. Maintenant, il devient celui du IES AMES. Instrument d'information et aussi outil de participation des étudiants. Fenêtre d'un monde créatif qui dort en silence.



dimanche 10 octobre 2010

POUR TRANSCRIRE BIEN = POUR LIRE BIEN

En demasiadas ocasións escoito que a fonética é tratada de paso, de forma rápida e sen facer referencias ao alfabeto fonético internacional...e debe ser así se penso que os nenos e nenas que collo en 1º non saben interpretar os sinais fonéticos entre corchetes e iso que levan co inglés desde....buf que sei eu!

Sen ser demasiado celoso, si penso que cómpre cando menos referenciar todos os símbolos do alfabeto fonético internacional que traducen o francés nalgo intelixible. (No enlace adxunto vai unha pequena guía de comportamento).

Outra cousa é o seu tratamento informático que segue dando problemas nalgúns dos sons.

Entre os enlaces hai uns recursos doados para traballar a fonética e realizar exercicios doados e con autocorrección inmediata. Son moi recomendables.

Animo ao alumnado interesado de 3º e 4º ESO do CPI PONTECESURES a que tente transcribir o texto que figura no enlace (texto para transcribir) (será puntuada esa voluntariedade).

4 commentaires:

  1. Ron, claro que levamos con inglés dende... Creo que dende infantil. Pero o problema é que no inglés nunca se nos ensinou a ler fonética (polo menos todos os cursos que levo eu),cando viamos os símbolos fonéticos dixéronnos o que eran pero en nigún caso se nos ensinou a lelos. A excepción do profesor que veu o ano pasado a sustituír a Mercedes a profesora de inglés (Xoán, que nos falou do *schwa) ninguén nos ensinara ningún símbolo fonético.
    *Non sei se está ben escrito.
    Un saúdo.

    RépondreSupprimer
  2. Pois nada, Pablo, pouco a pouco, e sen ter medos, aprender a ler eses símbolos é aprender a como entrar na soleira de todas as linguas. Saúdos

    RépondreSupprimer
  3. Pois claro, haberá que aprender. Ademais, o cuadernilo que temos de inglés trae ao final un pequeno diccionario coas transcricións fonéticas das palabras máis a tradución; e así xa me vou facendo unha idea dos símbolos fonéticos e do seu sonido.

    RépondreSupprimer
  4. E se ollas nos enlaces de phonétique da columna da dereita poderás practicar de forma moi sinxela actividades fonéticas. Apertas e parabéns por seguir a actividade deste blog.

    RépondreSupprimer