BLOG DU SÉMINAIRE DE FRANÇAIS DU IES AMES

Bonjour vous avez ici le blog que j'ai commencé au CPI PONTECESURES. Maintenant, il devient celui du IES AMES. Instrument d'information et aussi outil de participation des étudiants. Fenêtre d'un monde créatif qui dort en silence.



jeudi 1 décembre 2011

À PROPOS DE QUELQUES PROBLÈMES SUR LA LOCALISATION (SOBRE CERTOS PROBLEMAS REFERENTES Á LOCALIZACIÓN)

Para calquera alumnado que aprende unha lingua estranxeira unha das dificultades máis notables orixínase coas partículas (preposicións, conxuncións, adverbios...) á hora de determinar o seu uso, xa que, de primeiras, téndese a realizar unha operación mental de tradución onde as analoxías lingüísticas tenden algunhas trampas léxicas.

Iso é o que acontece coas partículas dans, sur, à, en. Para a ilustración do que segue emprego o libriño de Jean-Michel Robert, Difficultés du français (Hachette, Paris, 2002, p. 10-11). Procedamos confrontando as particulas que poden facernos caer nas trampas referidas.

  • SUR, DANS.
  1. SUR. Esta partícula serve para sinalar unha posición de contacto, tanto na posición de colocación de superioridade, i.e., algo colocado enriba doutra referencia, como en simple contacto. Exemplos: Le journal est sur la table (O xornal está sobre a mesa) [contacto máis situación de superioridade]; le doigt sur les lèvres (o dedo sobre os beizos) [simple contacto]
  2. DANS. Esta partícula sinala unha posición de interioridade. Exs: Jean est dans la voiture (na nosa lingua traduciríamos, Xan está no/dentro do coche).
  3. O emprego dunha ou doutra non é gratuito, achega un valor semántico diferente: Jean est sur le lit / Jean est dans le lit; no primeiro caso marcamos simplemente o contacto de superioridade, no segundo a interioridade. Pero resulta preciso saber que un está sentado sur la chaise (sobre a silla / na silla), pero un séntase dans le fauteuil (no sofá, polo carácter de recollemento?).
  • DANS, À.
  1. DANS, marca, como vimos, a posición de interioridade, unha simple localización espacial; À, pola súa banda marca máis ben unha posición funcional (algo que realizamos nese lugar). Exs. Les enfants sont dans leur lit (Os nenos están na súa cama; interioridade); les enfants sont au lit (os nenos están na cama; funcionalidade: dormen)
  • À, EN.
  1. En certas situacións precisas, o uso de à ou de en está ben definido, tal como acontece, por exemplo, cos nomes de países e de cidades: au + país masculino (au Sénégal); aux + nomes de países en plural (aux États-Unis); en + país feminino ou que comeza por vogal (en Pologne, en Irak); à + cidade (à Barcelone).
  2. Noutros casos, o emprego dunha ou doutra partícula determina significados distintos ao que se quere transmitir: il est à la prison (pode ser porque traballa nese lugar ou vai visitar a alguén), il est en prison (está no cárcere en tanto que prisioneiro).
  3. À pode ser máis preciso que en. Il travaille à l'usine, sinala que coñecemos a fábrica; mentres que il travaille en usine sinala que descoñecemos a fábrica exacta na que traballa). Por isto mesmo, En pode responder a un matiz de profesión: il est dans la cuisine (simple localización), il est à la cuisine (está cociñando), il est en cuisine (é cociñeiro profesional)