BLOG DU SÉMINAIRE DE FRANÇAIS DU IES AMES

Bonjour vous avez ici le blog que j'ai commencé au CPI PONTECESURES. Maintenant, il devient celui du IES AMES. Instrument d'information et aussi outil de participation des étudiants. Fenêtre d'un monde créatif qui dort en silence.



mardi 30 novembre 2010

A FILOSOFÍA LEVA AO CAMIÑO DA FELICIDADE

Ás veces, é certo: en tempos de baleiro, a filosofía pode enchernos. Descubrín a André Comte-Sponville hai un par de anos. Un libro sobre o de Rerum natura de Lucrecio e outro sobre aforismos e diversos tipos de reflexións sobre a súa actividade filosófica.

Hoxe caín sobre un libro seu, La felicidad, desesperadamente (Paidós, 2010) e, o baleiro, enchéuse. Que é a filosofía? Quédome coa definición de Epicuro:

  • "A filosofía é unha actividade que, mediante discursos e razonamentos, procúranos a vida feliz"

A vida feliz entendida de forma filosófica, isto é, sabedoría. Unha felicidade que se acada en relación coa idea de verdade. E quédome coa reflexión de Comte-Sponville:

  • "Máis vale unha verdadeira tristeza que unha falsa alegría".
Tamén que, nesa procura, o esencial é
  • "non mentir e, antes, non mentirse. Non mentirse sobre a vida, sobre un mesmo, sobre a felicidade"
Estou agora absorto na circularidade filosófica que establece o primeiro capítulo do libro, "La felicidad fallida o las trampas de la esperanza" (pp. 21-36). Neste capítulo repousa a esencia que move os fíos da insatisfacción permanente na que semellan moverse esas persoas que sempre queren máis...pensando, erradamente, que así serán felices.

Recolle o autor unha anécdota que Malraux contaba. Logo de atoparse cun sacerdote, Malraux pregúntalle: "Padre, dígame que descubriu, en toda esta vida de confesor...?" E O sacerdote responde: "La primera que la gente es mucho más desgraciada de lo que creemos. La segunda, que no hay grandes personas". Sublime!

Por iso, ensina Comte-Sponville, temos que aprender a filosofar, isto é tender a esa procura de felicidade (sabedoría), antes de que sexa moi tarde, definitivamente tarde. Eu diría que desde que poñemos o pé nunha escola a filosofía debera acompañarnos.

O sendeiro reflexivo lévamos a interrogarnos por que as persoas non son felices. E o motivo pode repousar no desexo e na carencia.

  • "Non hai amor feliz: mentres o desexo é carencia, a felicidade escápasenos"
Desexamos o que non temos. E proxectamos idea de felicidade sobre esa "conquista". Gústame a ilustración da anécdota de Proust na magna obra Na procura do tempo perdido. En efecto, mentres Albertine está lonxe del, sofre e padece, necesítaa e faría todo o que puidese para estar con ela; mais, cando está con ela abúrrese e está disposto a todo con tal de que marche.

Será certo o que Comte-Sponville di? Que é doado amar a quen non temos, a quen non vive con nós, que iso é estar namorado e que, cando temos o que xa non nos falta e nos aburrimos temos vida de parella e que iso "rara vez é suficiente para a felicidade"?

  • "A vida oscila, coma un péndulo, da dor ao hastío. Sofremento porque desexo o que non teño e sofro por esa carencia; aburrimento porque teño o que desde ese instante xa non desexo"
Si, concordo, o filosofar pode encher un baleiro e fai que un tenda ao camiño da sabedoría. E sabendo que somos, e cales son os nosos límites, e se descubrimos que podemos vivir de forma suficiente...quizais tendamos a esa felicidade, fin último da filosofía.

dimanche 28 novembre 2010

O DEREITO A ESCOITAR RELATOS

1. Todo neno e nena, sen distinción de etnia, idioma ou relixión, ten dereito a escoitar os máis fermosos contos da tradición oral dos pobos, especialmente aqueles que estimulen a súa imaxinación e a súa capacidade crítica.

2. Todo neno e nena ten dereito a esixir que seus pais e súas nais lle conten contos a calquera hora do día.

3. Todo neno e nena que por unha ou outra razón non teña a ninguén que lle conte contos, ten absoluto dereito a pedirlle ao adulto da súa preferencia que llos conte, sempre e cando este demostre que o fai con amor e tenrura, que é como se contan os contos.

4. Todo neno e nena ten dereito a escoitar contos sentado ou sentada no colo dos seus avós e avoas.

5. Todo neno e nena está no dereito de saber quen son os principais autores de contos. As persoas adultas están na obriga de poñer as súas historias ao alcance dos nenos e nenas.

6. Todo neno e nena goza a plenitude do dereito de coñecer as fábulas, os mitos e lendas da tradición oral do seu país.

7. O neno e a nena teñen dereito a inventar e contar os seus propios contos, así como a modificar os xa existentes.

8. O neno e a nena teñen dereito a esixir contos novos. Os adultos están na obriga de nutrirse permanentemente de novos e imaxinativos relatos, propios ou non, con ou sen reis, longos ou curtos...O único obrigatorio é que estes sexan fermosos e interesantes.

9. O neno e a nena sempre teñen dereito a pedir outro conto e a pedir que lle conten un millón de veces o mesmo conto.

10. Todo neno e nena ten dereito a medrar acompañado das aventuras de "Polgariño" e "Merlín", daquel cabalo que era tan bonito..."

Este decálogo reprodúzoo do suplemento Lecer do Galicia Hoxe (28-11-2010), onde se fala das fermosas iniciativas do "atrapador de contos", Anxo Moure....ao que, non esquezamos, tivemos ocasión de escoitar "atrapando contos" no noso CPI o curso pasado...

mercredi 24 novembre 2010

LA FAIM, CE TERRIBLE ENNEMI! / A FAME, ESE TERRIBLE INIMIGO!

Procede do traballo que elaborei/elaboro sobre a interculturalidade (manual que se pode ver e descargar pouco a pouco, a medida que o vou aloxando e mellorando no blog Connaître l'autre). Unha canción de Lapile. Velaquí reproduzo o que digo no manual:

    • Une bonne vision sur la faim en Afrique réalisé avec des photos et l’accompagnement du rap très ajusté à ce qu’il se passe de Lapile / Unha boa visión sobre a fame en África realizada con fotos con acompañamento do rap moi axustado ao que acontece de Lapile:

http://www.youtube.com/watch?v=jqDxnV3C-9U

lundi 22 novembre 2010

CONTIDO PROBA FRANCÉS 3º

ACTIVITÉ POUR LA PREMIÈRE ÉVALUATION DE 3º ESO

ATT. SE NON SE REMATA O PRIMEIRO DÍA (XOVES 25 DE NOVEMBRO) SEGUIRASE NO SEGUNDO DÍA DA SEMANA LUNS 29)

(SI ON NE FINIT PAS LE PREMIER JOUR, ON CONTINUERA LE DEUXIÈME JOUR DE LA SEMAINE)

A ACTIVIDADE CONSTA DE TRES PARTES / L'ACTIVITÉ A TROIS PARTIES:

1) COMPRENSIÓN ESCRITA / COMPRÉHENSION ÉCRITE

(o texto será análogo ao que traballamos sobre o tema da fitoestabilización das plantas como solución para reducir a contaminación dos solos)

- REPARTO TEXTO CON ENTRE 3/5 PREGUNTAS DE COMPRENSIÓN

distribution d'un texto avec 3/5 questions sur compréhension du texte

- PODERASE USAR O DICIONARIO E OUTROS ELEMENTOS DE APOIO

pour cette partie-là vous pouvez employer le dictionnaire et d'autres matériaux d'appui

2) COMPRENSIÓN ORAL: FRAGMENTO AUDITIVO E RESPOSTA PREGUNTAS

COMPRÉHENSION ORALE: EXTRAIT D'UN TEXTE À ÉCOUTER PUIS RÉPONDRE AUX QUESTIONS

3) GRAMMAIRE EXPRESSIVE (poñerase énfase nas actividades que inciden na capacidade de expresión escrita)

o DIVERSOS DIÁLOGOS DE PRESENTACIÓN (dialogues de présentation)

o ACTIVIDADES DE NACIONALIDADES (activités sur les nationalités)

o PARTÍCULAS INTERROGATIVAS: ACTIVIDADES DE PREGUNTA-RESPOSTA (les mots interrogatifs essentiels), activités de trouver la question ou bien donner la réponse)

§ RESPOSTA ÁS PREGUNTAS-BASE: QUI? OÙ? QUOI? QUAND? POURQUOI? COMMENT? EN RELACIÓN A UN TEXTO BREVE DE TIPO XORNALÍSTICO (répondre aux questions de base à propos d'un texte de nature journaliste sur un fait-divers)

o VERBES ÊTRE ET AVOIR

o VERBES PASSÉ COMPOSÉ

o FEMININOS

o TEXTES DESCRIPTIFS

§ PRESENTACIÓN PROPIA (présentation d'un-même)

§ PRESENTACIÓN ALLEA (présentation d'un tiers)

§ FICHA PERSOAL (élaboration fiche personnelle-description)

SITE DE PATRICK CHARAUDEAU

Grazas ao comentario dun interlocutor francés no blog que estou construíndo sobre o tratamento da interculturalidade (CONNAÎTRE L'AUTRE), coloco o enlace da web de Patrick Charaudeau, ao que considero un dos mellores gramaticólogos e lingüistas. Ou, quizais, o que máis me influiu á hora de estudar e formalizar o ensino do F.L.E. (Francés Lingua Estranxeira) para alumnado galego.

De feito, podo dicir que aprobei a oposición aplicando xa a gramática da expresión de Charaudeau e desde aquela forma parte, coma un libro de cabeceira, da miña experiencia docente. Loxicamente, hai que considerar que o nivel que se ofrece na súa é para un ensino posterior ao obrigatorio. Pero non por iso, o alumno ou alumna curiosa, pode deixar de curiosear e ver que nos ofrece o insigne profesor.

Saúdos

LA MENTEUSE, DE CARMEN MARÍA VEGA

Encore une autre de Carmen María Vega, La menteuse.

NON, NON, NON (ÉCOUTER BARBARA), DE CAMELIA JORDANA

Nouvelle chanson, cette fois de Camelia Jordana. J'espère bien que ça vous plaise.

dimanche 21 novembre 2010

MATT POKORA, "MAL DE GUERRE"

POR RECOMENDACIÓN DE C.M.
LIGAZÓN AO VIDEO E LETRA.
*****

ils ont sorti les armes
Fait de l'ombre a la lumiere
SI je verse une larme
C'est qu'ils ont du briser nos reves

L'avenir est indécis
c'est de parannoîa qu'on s'habille
Si j'ai peur de cette vie
C'est que j'ai u tomber mes frères

Des boeings se crashent sur des buildings
Et des bombes eclatent en lives sur BBC
J'payerais pas le prix de leur lachetés
J'ai encore du temps a ecouler

refrain:
Y a pas d'couleur pour payer le prix
j'y laisserais ma voix
J'ny laisserais pas ma vie eheh
On respire le mal de guerre

On voulait voir plus loin
Ils ont fermés nos paupieres
On se tenait la main
En croyant qu'on pouvait le faire

L'avenir est indécis
Nos cris se meurent ici
Si j'ai peur de cette vie
C'est que j'ai u tomber mes frères

Des boeings se crashent sur des buildings
Et des bombes eclatent en lives sur BBC
J'payerais pas le prix de leur lachetés
J'ai encore du temps a ecouler

refrain 2x:
Y a pas d'couleur pour payer le prix
j'y laisserais ma voix
J'ny laisserais pas ma vie eheh
On respire le mal de guerre

Des boeings ne s'crashent plus alors souris
puisqu'a force d'y croire nos reves auront une vie
ils payeront le prix de leur lachetés
cetais notre histoire signé MP

refrain 2x:
Y a pas d'couleur pour payer le prix
j'y laisserais ma voix
J'ny laisserais pas ma vie eheh
On respire le mal de guerre

mercredi 17 novembre 2010

EN FRANCIA PÍDESE A SUPRESIÓN DAS NOTAS NA ESCOLA PRIMARIA

No xornal Libération, que tedes no apartado correspondente a prensa en ligazóns recolle unha nova interesante e que ten moito que ver coa cuestión que vos facía hai uns días sobre o fracaso escolar.

Entre as personalidades que asinan está Daniel Pennac coñecido en Galicia pola tradución do seu libro Mal d'école.

"Vingt personnalités, parmi lesquelles Boris Cyrulnik, Daniel Pennac ou Marcel Rufo, se sont jointes à l’appel lancé par l’Afev pour réclamer la suppression des notes à l’école élémentaire, afin d’éviter une stigmatisation des élèves et la sélection par l’échec."

Isto é reclaman que se supriman as notas numéricas na escola primaria, o que denominan unha estigmatización dos alumnos e alumnas e unha selección por medio do fracaso.

jeudi 11 novembre 2010

FRACASO VS ÉXITO ESCOLAR

Veño dunha sesión dun curso sobre atención ao alumnado inmigrante e quedei un tanto preocupado sobre a cantidade de veces que apareceron os termos fracaso escolar e éxito escolar.

Como queira que cómpre dar voz aos protagonistas -segundo as visións individualistas do ensino- do fracaso ou do éxito escolar, fágovos a seguinte pregunta pra que respondades en comentario.

PREGUNTA:

1) que é para ti o fracaso escolar?
2) que é para ti o éxito escolar?

PARIS vs NEW YORK

Grazas a un antigo alumno do CPI, tiven coñecemento do seguinte blog, que presenta unha comparativa entre París e Nova Iork. Tedes curiosidades e vocabulario confrontado. Anímovos e ollalo. Suivez le lien.

mercredi 10 novembre 2010

PETITE CHASSE AU TRÉSOR (LA BELGIQUE)

Chers enfants, avant de commencer:

a) écrivez dans un A4 votre première impression sur la Belgique (vous pouvez essayer de faire cette rédaction en français ou, si vous avez trop de difficultés, en votre langue première).

Dans ce même A4, en cliquant et en fouillant dans le lien dédié à la Belgique, vous devrez chercher les renseignements nécessaires pour répondre aux questions suivantes (à remettre avant le 20 novembre):

1) Quelle ville belge porte le nom de "diamant des Flandres"?

2) En quelle ville et en quelle place se trouve la "maison des Tonneliers"?

3) En quelle ville nous trouvons un fameux personnage fétiche? Quel est le nom de ce personnage?

4) Qu'est-ce que-c'est la "bolleke"?

5) De quel produit tient sa renommée Bruges?

6) Après un tour plus curieux, décrivez maintenant ce que vous en pensez de la Belgique

Bon travail

"TU" ou "VOUS". ASPECTS SOCIOCULTURELS

Ás veces, nas aulas, cando tes que falar da importancia do uso do TU e do VOUS, isto é, de tutear ou do tratamento de vostede, as cousas non sempre se perciben ben, xa que, neste país, por mor das circunstancias políticas -represivas durante 40 longos anos- pasouse a un ensino onde o tratamento de vostede está ausente. Quizais, porque se identifica coa represión padecida.

No entanto, no caso de Francia, e se ben hai opinións fluctuantes coma en todos os aspectos da vida, o certo é que para quen escribe, que viviu en Francia desde 1969 até 1983 e seguiu frecuentando Francia até 1989 con asiduidade, o tratamento de VOUS debe ser considerado importante.

Aínda lembro os acontecementos de hai uns anos, cando os adolescentes franceses, pero fillos de migrantes, se queixaban porque a policía non os trataba con cortesía, senón que os tuteaba de forma directa, sen respecto ningún.

No seguinte enlace hai unha serie de apreciacións interesantes sobre saber-vivir en Francia. Como se di na propia fonte: "Ils permettront ainsi au lecteur d’éviter des malentendus et des situations embarrassantes et d’établir des contacts harmonieux avec les Français dans un respect mutuel des différences culturelles" ("Permitirán ao lector evitar malentendidos e situacións molestas e establecer contactos armoniosos cos franceses nun respecto mútuo das diferenzas culturais").

E temos outra achega no enlace seguinte centrado na relación profesorado alumnado.

En calquera caso...tanto no TU e no VOUS....respecto recíproco!!!

E aínda máis outro enlace feito por unha profesora.

mardi 9 novembre 2010

EN ASSOCIANT LES MOTS ET LES SENTIMENTS

As cores e os días da semana, ou os meses do ano, mesmo as estacións sempre, como acontece con case todas as palabras, asócianse a emocións e sentimentos debido a certos acontecementos ou, mesmo, debido á nosa forma de ser.

Hoxe, positivicemos as cousas e pensemos que aspectos favorables nos espertan as seguintes cores:

  • bleu
  • vert
  • rouge
  • jaune
  • violet
  • orange
  • noir
  • blanc
  • marron
Deixade as vosas asociacións en comentario....valorarase a voluntariedade, como sempre....

samedi 6 novembre 2010

A NECESIDADE DE SER...HUMANOS

OS TEMPOS SON CHEGADOS PARA QUE AS PERSOAS SEXAMOS...HUMANAS!!!
O IMPERIO DE LEIS CONTRARIAS ÁS PERSOAS SON LEXIÓN E VULNERAN OS DEREITOS HUMANOS, ESES QUE DEBEN SER O MÁIS ESENCIAL NADA MÁIS NACER...NAZAS ONDE NAZAS...A EDUCACIÓN DEBE SER UN GRAN PÓRTICO DE ENCONTRO, DE REFLEXIÓN SOBRE A RELACIÓN CO OUTRO, ESE OUTRO QUE OS MEDIOS E AS LEIS CONTRIBÚEN A "NEGATIVIZAR" E A SITUAR NUN ESCENARIO DO MEDO....

EU PROPOÑO O ESCENARIO DA INTERCOMPRENSIÓN, DA EMPATÍA, DO AMOR E DA AMIZADE...

O GRAN EDUARDO GALEANO...COMO SEMPRE...MAXISTRAL!!! VEDE O ENLACE E ESCOITADE.
APERTAS

RECONTRE DU FRANÇAIS CHEZ L'ANGLAIS

Recollendo o traballo elaborado por Olivier Boucher (do CNRS, Centre National de Recherche Scientifique), veremos algunhas palabras que o inglés tomou do francés. Comezo con algunhas da letra A.

A

abattoir : un abattoir, on dit aussi a slaughterhouse en anglais, littéralement une maison où l’on abat les animaux. (galego: matadoiro)

Adieu (pluriel: adieux ou adieus) : Voilà un mot aux racines latines que l’on trouve à la fois dans le vieil anglais (adew) et le français. La signification est sensiblement la même qu’en français. On peut aussi dire bye bye, goodbye ou farewell selon les contextes. (galego: adeus)

adolescence
: Si adolescent peut se traduire par teenager, rien de tel pour l’adolescence et il vous suffira d’utiliser le mot français pour parler de cette période de la vie suivant l’enfance (childhood), entre la puberté (puberty) et l’âge adulte (adulthood). (galego: adolescencia)

aide-mémoire (pluriel aide-mémoire ou aide-mémoires) : Comme en français, il s’agit là d’un document ou d’un moyen mnémotechnique qui permet de se souvenir de quelque chose. En langage diplomatique, le terme peut aussi désigner un document visant à résumer les principaux points d’une discussion. (galego: prontuario, resumo)

à la carte (ou a la carte) : Vous ne voulez pas payer pour un menu ou package qui inclut toute sorte d’options obligatoires. Demandez s’il n’y a pas quelque chose de plus à la carte ! (galego: á carta)

à la mode : En gastronomie s’utilise comme épithète, apple pie à la mode, pour indiquer que le dessert est servi avec de la glace (ice cream) (galego: á moda, convértese nun falso amigo, pola súa evidente e diferente aplicación en inglés, onde sería traducible como: "con xeo").

amateur : ce mot reprend l’ensemble des sens que l’on connaît en français : une personne qui fait une activité par passe-temps plutôt qu’en professionnel, un athlète qui ne vit pas directement de son sport, ou au sens péjoratif comme quelqu’un qui a peu d’expertise ou de compétences dans un domaine artistique ou autre.(galego: afeccionado)

amour : il s’agit d’une liaison amoureuse (a love affair ou an affair) qui est en général extra-conjugale. (galego: amor, pero en inglés de tipo extraconxugal)

apéritif : les Français ont exporté leur art de vivre au Royaume-Uni et pourquoi ne pas proposer à quelqu’un de boire un apéritif ? (galego: aperitivo)

assemblage : un " assemblage " est une collection ou un rassemblement d’objets, d’animaux ou de personnes. En art, on peut aussi traduire ce mot par " assemblage ". (galego: ensamblaxe)

au pair : une manière économique d’apprendre la langue d’un pays tout en partageant la vie d’une famille… L’anglais utilisera au pair comme un nom, plutôt que dans l’expression " fille au pair " ou " garçon au pair ". What’s the name of your au pair? (galego: non hai tradución directa, significa, cando empregas au pair, que tes comida e aloxamento polo traballo que realizas ou nunha viaxe, por exemplo, de intercambio, onde resides cunha familia orixinaria do país ao que vas co fin de coñecer a lingua e a cultura)

automobile : une automobile, ou une voiture tout bêtement. Le mot le plus usuel est car qui est une version courte de motorcar. (galego: automóbil)

(continuará coa letra B)

jeudi 4 novembre 2010

AS RAZÓNS DUNHA EDUCACIÓN PARA EMANCIPAR

E NON PARA ADAPTARSE A ESTE ENTORNO TOTALMENTE IRRACIONAL, DEDICADO AO HIPERCONSUMO E ONDE O SABER, O COÑECEMENTO ESTÁN DIRECTAMENTE ENLOUSADOS DEBAIXO DA IGNORANCIA VOLUNTARIA....

UNHA RAZÓN DISTO, VEXAN E ESCOITEN O ENLACE.