BLOG DU SÉMINAIRE DE FRANÇAIS DU IES AMES

Bonjour vous avez ici le blog que j'ai commencé au CPI PONTECESURES. Maintenant, il devient celui du IES AMES. Instrument d'information et aussi outil de participation des étudiants. Fenêtre d'un monde créatif qui dort en silence.



samedi 8 octobre 2011

ASSEZ AU NOM DE LA DIGNITÉ HUMAINE


Basta xa, en nome da dignidade humana. Un laio firme e forte de Keny Arkana, unha rapeira afincada en Francia, pero que naceu en Arxentina. Nas súas letras reflíctese a solidariedade fronte ás inxustizas.

Cada vez estou máis convencido que as letras do rap supliron a todos os demais xéneros, preocupados por laios cáseque preguiceiros sobre amores ou desamores dunha forma indiferente ao que acontece. Mesmo algúns agochando a carencia de mensaxe debaixo do emprego da fala inglesa (mercado chama).

Por iso, estoulle agradecido ao Wachy, antigo alumno, que me puxo no sendeiro desta rapeira.

Déixovos con Assez au nom de la dignité humaine! (Basta, en nome da dignidade humana), con Cinquième soleil (Quinto sol) e la rage (a raiba).

Aquí tedes unha ligazón á súa páxina web Keny Arkana.

A verdade é que me gustan a firmeza e dureza das súas palabras que escapan das redes institucionalizadas con furia pra atopar a liberdade de dicirse...

Aucun commentaire:

Enregistrer un commentaire