BLOG DU SÉMINAIRE DE FRANÇAIS DU IES AMES

Bonjour vous avez ici le blog que j'ai commencé au CPI PONTECESURES. Maintenant, il devient celui du IES AMES. Instrument d'information et aussi outil de participation des étudiants. Fenêtre d'un monde créatif qui dort en silence.



lundi 9 novembre 2020

1º BAC. TRADUCIÓN TOXIQUE

No verán do 57, despois dun accidente de coche, fun, durante tres meses, presa de dores o suficientemente desagradables para que me desen todos os días un sucedáneo da morfina chamado o '875' (Palfium). Ao cabo deses tres meses, estaba bastante intoxicada como para que unha estadía nunha clínica especializada se impuxese. Foi unha estadía rápida e durante a mesma escribín un diario que atopei o outro día

Domingo

Segundo día na clínica. Ceo azul, álamos estremecendo mais non teño (aínda así) unha gran impresión de campo. 

Noite terrible


Durante a alba

Tiven que ir buscar a enfermeira abaixo. Atopeime sentada sobre os chanzos da escaleira, afundida, repetíndolle cunha voz infantil que xa había seis horas que...Ao volver arriba con ela, tiven o sentimento do que podería ser o sentimento do desfalecemento.

 

Finalmente, ela consultou a enfermeira-xefa (moi ben) e deuma (a ampola). Pero non quero máis estar así martirizada xa que se pode facer doutra maneira. O sofremento abáixame. 

E DÁME MEDO

Pola contra, mañá agradable. Ao me bañar, atopo un corpo bronceado, plano que me reconforta de xeito escuro: "Non te preocupes, estou aquí para as praias, os outros corpos, a roupa de seda, etc." Ademais, na terraza, discuto con Morrel, o doutor. Unha señora estraña aproxímase, morena, fea, oxidada pola maquillaxe. Repite sen parar a mesma pregunta a Morrel.

Entérome que Elisabeth, ese é o seu nome, é unha esquizofrénica. Esta conversa a tres encántame, se ben fago especial atención en non vexala. Mesmo xogamos ao billar. Pasa o señor Xoán, enfermo mental, de elevada procedencia. En certo modo, todo isto vólvese un pouco

SOPORTABLE

 

LUNS

PASEI ONTE 13 HORAS SEN AMPOLA

 Penso que é un acontecemento

Aucun commentaire:

Enregistrer un commentaire