BLOG DU SÉMINAIRE DE FRANÇAIS DU IES AMES

Bonjour vous avez ici le blog que j'ai commencé au CPI PONTECESURES. Maintenant, il devient celui du IES AMES. Instrument d'information et aussi outil de participation des étudiants. Fenêtre d'un monde créatif qui dort en silence.



mardi 3 novembre 2020

TRADUCTION 'LA NUIT MOUVEMENTÉE DE RACHEL'. 3º ESO (PREMIÈRE ÉVALUATION)

 TRADUCTION 'LA NUIT MOUVEMENTÉE DE RACHEL'

(páxina 4)

Rachel: é unha rapaza de dezaseis anos. Vive coa súa nai e o padrastro, e ela toca o violín.

Andy: ten dezaoito anos. É o fillo do padrastro de Rachel. É tímido e reservado. Ten o seu propio apartamento.

Maryse e Véronique

Son as amigas de Rachel. Rachel vai encontrarse con elas na discoteca que frecuentan os estudantes do barrio.

 

(Page 5)

Capítulo I

Estou farta! / Xa non podo máis!

Cun xesto de rabia, Rachel tira o seu arco sobre a súa cama.

“Xa non podo máis! Berra, mentres destensa as cordas do seu violín para colocalo no seu estoxo. Dúas horas de gamas e de exercicios cada día, ademais dos meus deberes e da limpeza da miña habitación! Xa non podo máis! É primavera, e eu non podo sequera asomar o nariz fóra!”

Ela abre a porta do seu armario, ve o fermoso conxunto pantalón amarelo que a súa nai lle regalara recentemente, co gallo do seu cumpreanos.

“Cando poderei poñelo? Non teño nunca o tempo de saír nin de divertirme, murmura entre os seus dentes; gustaríame ir bailar como as miñas amigas, e 

[páx. 6] coñecer rapaces, e ir ao cine de cando en vez; gustaríame vivir os meus dezaseis anos, vale!

Rachel toma de súpeto unha decisión. Son unicamente as dez, despois de todo! Vai reunirse coas súas amigas en La Planque. Como todos os xoves, Maryse e Véronique deben ir alí a rematar a noite. La Planque é o lugar de cita dos estudantes do barrio. Unha pequena disco sen pretensións, de atmosfera simpática “cando menos, iso é o que se di, pensa Rachel, amarga, pois eu, nunca puxen un pé alí”.

Cóntase tamén que a música é moi boa.

- Ademais, está cheo de tíos mamadísimos / de panas / cachondos! Confioulle Maryse esta tarde, e sabes, engadiu, convidan a músicos. Veña, deixa o teu violín por unha vez e vén con nós.

- Pero, é unha disco, non? Non teño a idade...

- Nós tampouco! Contestou Véronique rindo. Non te preocupes por iso: cando te preparas un pouco, semella que tes doadamente dezaoito anos.

Febril, Rachel pon o seu conxunto, desordea o seu longo cabelo loiro. E ela maquíllase con coidado.

 

(page 8)

“Inútil advertir os namorados, aí arriba, pensa ela. Están, sen dúbida, xa deitados. De todos os xeitos, estou segura que non estarían de acordo! Bah, ollos que non ven corazón que non sinte!!”

Xa ten un pé fóra cando o teléfono soa. Co corazón a cen, volve correndo e precipítase  cara ao aparello para descolgar.

- Allô!

- Euh, Rachel?

Rachel fai un aceno ao recoñecer a voz de Andy. Unha voz grave, dubidativa, coma sempre, e que lle machaca sistematicamente os nervios.

- Non, aquí Isabelle Adjani, responde con malicia.

O seu “falso irmán”, coma ela o bautizou secretamente, nunca escoitou probablemente ese nome e non entende pois que se burla del. “En efecto, pensa ela, como podería coñecer Isabelle Adjani, xa que el non vai o cine e non mira nunca a tele?”

- Euh, ben, eu...eu...En fin, vale! Pois...

A timidez enfermiza do fillo do seu padrastro ten o don de exasperar Rachel.

 

(page 9)

- Pero, vasme dicir por fin que queres, por amor de Deus? corta, de xeito abrupto.

- Organízase un baile de fin de ano, e preguntábame se me faría a honra de acompañarme. 

Pronunciou a súa frase a toda velocidade. Rachel ten, de súpeto, a certeza de que debeu repetir cen veces antes de decidirse a telefonala. "Que estilo pomposo! A honra de acompalarme! Que ridículo! En fin, certo é que non é todos os días que a convidan a unha a un baile. Ademais, podería saír da miña rutina", razoa, tentada. 

 

(page 10)

- Onde e cando? pregunta.

- O segundo venres de maio, no Castelo de Champlain, ás 20h.

A cuestión é saber se sería quen de pasar toda unha noite fronte a fronte con ese gran zoquete. Nada seguro!

- Pensareino, responde ao cabo dalgúns segundos. 

- É que...teño que dar a miña resposta pasado mañá.

- E se rexeito, non irías? di ela con sarcasmo. 



 

 

Aucun commentaire:

Enregistrer un commentaire