BLOG DU SÉMINAIRE DE FRANÇAIS DU IES AMES

Bonjour vous avez ici le blog que j'ai commencé au CPI PONTECESURES. Maintenant, il devient celui du IES AMES. Instrument d'information et aussi outil de participation des étudiants. Fenêtre d'un monde créatif qui dort en silence.



mardi 3 novembre 2020

TRADUCTION 'NUIT DE TEMPÊTE' 2º ESO (PREMIÈRE ÉVALUATION)

 

TRADUCIÓN 'NUIT DE TEMPÊTE'

(páxina 1)

- Bos días Gaëlle, cariño. E bos días, Antoine. Fixéchedes boa viaxe? Di a señora Ledantec.

- Benvidos a Fisterra e benvidos á nosa nova casa! Di o seu marido.

- É moi antiga, a vosa casa. Pero é moi fermosa, exclama Gaëlle.

 

(páxina 2)

O señor e a señora Ledantec, os avós de Gaëlle, teñen sesenta anos. Acaban de coller a xubilación. En vez de quedar en Rennes, onde eran profesores, decidiron ir a vivir á beira do mar.

Eles soñaban cunha antiga casa de pedra preto dunha costa salvaxe con rochas.

Esta vella casa illada, situada no departamento de Fisterra, preto da Punta do Raz, na extremidade da Bretaña, é pois a casa dos seus soños.

Viven alí desde só catro ou cinco semanas. Gaëlle, a súa neta preferida, é a súa primeira convidada. Ela ven pasar as vacacións de primavera cos seus avós e Antoine, un compañeiro de vello.

 

(page 3)

- Entón, ides facernos visitar a casa? Pregunta Gaëlle, impaciente.

- Vale, e despois, podemos ir dar un pequeno paseo ao longo da costa.

- Si, súper! Quero ver o mar.

- Poñede un gordo xersei e roupa para a choiva. Non vai bo tempo. E hai vento, di a señora Ledantec.

- Agardo que haxa unha treboada, pensa Gaëlle.

Ela adora o sal que se pega na faciana. Ela adora escoitar o ruído do mar e do vento nas rochas. É fantástico!

 

(page 4)

Media hora máis tarde, Antoine, Gaëlle e os seus avós están de paseo. O mar está furioso, as ondas son enormes, o vento oulea cun asubío ameazante. Os paxaros van e veñen ao redor das rochas. Semellan inquedos, e fan moito ruído.

 

(page 5)

- Parecen nenos que choran, pensa Gaëlle. De súpeto, o ceo vólvese todo escuro, comeza a chover a mares, é tempo de voltar a casa.

 

(page 6)

- Vou prender o lume na cheminea, di o señor Ledantec.

- E eu vou preparar chocolate quente, di a súa muller.

Algúns minutos máis tarde, todo o mundo está sentado confortablemente na sala de estar, cunha boa taza de chocolate e un anaco de pastel feito pola avoa de Gaëlle.

Antoine mira ao seu redor. Mira Gaëlle, sentada en fronte del. Gaëlle é moi guapa cos seus longos cabelos rizos.

Aucun commentaire:

Enregistrer un commentaire